Todo é cuestión de actitude

Nesta entrada quero presentarvos a Victor Küppers, un adestrador, como se autodenomina, que, partindo da conquista do Polo Sur, é capaz de aportar un novo enfoque onde visibiliza a importancia da actitude. Conta como Amundsen, grazas aos seus hábitos, á súa constancia, foi o primeiro en chegar.

‘O problema non é o problema, o problema é a túa actitude ante o problema’.

Unha das razóns polas que me encantan os gatos é pola súa perseveranza. Se queren algo, non paran de intentalo, e cando están cansos descansan. Aínda que igualmente, e como dicía o meu avó falecido, ‘con Deus hai que tirar do carro’, é dicir, require un esforzo. Desear non é suficiente, hai que actuar.

Victor Küppers sinala tres puntos fundamentais: ser boa persoa, vivir con alegría (é máis difícil ser optimista, é unha elección) e conseguir facer cousas pequenas e ordinarias dun xeito extraordinario. Podes traballar na túa forma de ser. Non é doado. Tes que considerar cal é o teu obxectivo na vida (o que fas moi ben, o que che apaixona, onde pode haber un mercado e como axuda aos demais) e loitar para non desanimarte nunca. A base das relacións humanas, segundo el, é o afecto e o tempo.

Quedo co concepto de ‘non sempre tes que gañar’. Por que non estar feliz polo éxito doutra persoa? Por que só competimos? O importante é o esforzo. Paso a paso. Creo que imos máis aló cando cooperamos.

Paremos a pensar, por que non son feliz? O que nos preocupa é un drama ou unha circunstancia por resolver? Se é o último, sorrí.

Remato coma este adestrador, coa frase de Teresa de Calcuta: ‘Que ninguén se achegue nunca a ti, sen marchar un pouco mellor e máis feliz’.