Fuxindo das relacións tóxicas


Nesta ocasión gustaríame presentarvos a unha psicóloga que explica moi ben, de forma clara e directa, indicando pautas a seguir, a partir de situacións persoais, o complicado mundo das relacións de parella (as relacións en xeral).

As relacións interpersoais son complexas. Máis nesta nova forma de comunicarse e coñecerse, a través das redes sociais, onde o que prima son as relacións desechables, o sexo fácil sen compromiso, sen amor e sen esforzo.

Déixovos a ligazón a un dos seus vídeos, aínda que tedes moitos abertos. Espero que che axude a evitar trampas e poñer límites, fortalecer a autoestima e evitar ou escapar da dependencia emocional.

O amor comeza por un mesmo. Todos somos capaces de querernos de novo.

Os sentimentos cambian. Os pais tamén deben ser educados. A familia tamén pode ser tóxica, determina como somos e é bo analizar de onde vimos. Ao educar, podemos decidir quen queremos ser, perdoando e entendendo o que vivimos e cara a onde queremos ir. Se unha relación é saudable, non vives con ansiedade, estás cómodo, non pensas o correcto, podes ser ti mesmo.

Ao aceptar que temos, ou tivemos, dependencia emocional, podemos aprender da experiencia, e ese cambio protéxenos e axúdanos a establecer límites nas relacións posteriores.