
Neurociencia aplicada á vida cotiá
David del Rosario acompáñanos no vídeo desta nova entrada, presentándonos unha nova aproximación á realidade a partir das súas investigacións.
Quédome con ‘estamos 99,5% equivocados’ sobre a realidade, e podemos cambiar o noso pensamento, cando queiramos, porque só é unha posibilidade, non un feito. Como nos relacionamos cos nosos pensamentos e que efectos ten?
Unha vez máis os expertos insisten en que o noso cerebro non distingue a realidade da ficción e sentimos o que pensamos. Como me relaciono co que estou pensando?
Segundo o autor deste vídeo, o noso cerebro é un ‘gran asociador’, algo importante a ter en conta, sobre todo na aprendizaxe, xa que nos será máis doado.
O autor infórmanos de que o medo e a confianza usan as mesmas redes neuronais, así que imos tentar inclinar a balanza a favor da confianza. Tamén nos pregunta, estamos preparados para a honestidade? Estamos preparados para aceptar a realidade, aceptar sen culpar a ninguén?
Teremos que experimentalo para ver se é certo.
Parte do seu discurso (relacionado co ‘plac’) lembroume a outro autor que recomendo plenamente, ‘72 quilos‘. Creadora de varios libros e imaxes que me axudaron en moitos momentos da miña vida e encántame ‘reler’. Re-ollar? Non son libros de historias, son libros de momentos. Confío en que vos gustará descubrilo.